Queridos bloggeros e anónimos: hoxe lin na Voz de Galicia un artículo que saleu o 28 de outubro. Era domingo. Ese domingo no que este blog comenzou a cobrar vida (polas vosas partisipasións, quero dicir). No artículo falaban dun cura de Miñortos de 1700 e pico. O caso é que me fixo pensar nunha cousa importante. Se había cura en Miñortos no sijlo XVIII, lóh, tamén tiña que haber miñorteses daquela. Fotos seghuro que non, por eso vos deixo este debuxo de como imaxino que debía ser o aspecto de Miñortos naqueles tempos. A ver se me axudades a completalo.
Nunca se me dera por pensar tan para atrás. Eu que proclamo orghullosa que son dalí, non sei nada da historia antiga de Miñortos!!!. Así que me acabo de propoñer faser unha investighasión profunda sobre o tema e írvola contando. Chau!