Miñorto's Parish

Miñorto's Parish
ou Parroquia de Miñortos, coma quen dí

30 octubre 2007

Vivir en, Ser de


Vivo nos Anxeles (de Cabanetán, en Brión). Creo que lle chaman así. Tamén teño visto "Santa María dos Anxeles". O caso é que non vivo en Miñortos. Aclaro: non moro alí. Non resibo alí o correo postal (ainda que tampouco o resibo aquí nos Anxeles: as facturas de telefónica, aproveito para protestar, nunca me cheghan).


O caso é que o comentario de Anónimo de onte deixome un pouco inquieta. Disía, ainda que pensando que se refería á miña irmá, que qué vou saber eu de Miñortos e da súa xente se "nin sequera vives aquí". Da ighual, estou na misma situasión ca ela.


No meu DNI pon que vivo na Carcasía (rúa que nin sequera existe) en Noia; no carné de condusir pon C/Xosé Fdez. da Ponte (Noia); na cartilla do médico pon que vivo nos Xunteiros (Miñortos), no meu pasaporte non pon donde vivo (?), Telefónica non debe saber cal é a miña dirección porque non me escribe, os do banco escribíanme, ata hai pouco, ó Fonseca; Seghuro que ainda hai alghunha empresa que me envía publicidade ou tratan de localisarme para traballar en Madrid, que alghuén que me manda articulos á facultade de Psicoloxía... e supoño que xa ninguén me buscará na c/La Merced nº61, 6ºD. Tuven moitas direccións, e vivín en moitas casas distintas. Os que me conosen sábeno.


Durante un tempo pensei que, por ter vivido en tantos sitios distintos e ter permanecido tan pouco tempo en cada un (un ano aquí e volta a Miñortos, outro ano alí e volta a Miñortos, uns meses alá, e volta a Miñortos, outro pouco tempo acolá, e volta a Miñortos) necesitaba escoller un sitio para responder cando me preghuntaran: "¿E tí de donde es? ¿Y tú de dónde eres? ¿Where are you from?". Pero non era así. Sempre disía Miñortos porque era eso o que salía primeiro pola miña boca (e non me vou poñer aghora a falar de Psicoloxía, que sobre o tema das respostas automáticas, haivos literatura extensa).


Durante outro tempo distinto, cando me cansei de ter que responder a "¿y eso dónde queda?" desidín disir que era da parte de Noia, porque a xente suele saber onde queda Noia.


Despois, cando Zapatero se fixo famoso e se descubreu que veraneaba no Son (Porto do Son), desidín disir: "Son de Miñortos, no Son" ou "son do Son". A xente empesou a conose-lo Son dende aquela (é a miña impresión) porque desde entonses xa non tiña que dar máis explicasións sobre o Son.


O caso é que con esas respostas sentía que lle mentía á xente. Non conoso moito o Son a pesar de que a miña partida de nasemento está alí, de que vou ó médico alí (cando é urxente), de que vou moito a Río Sieira... e cando a conversasión continuaba cun "¿e conoses tal e cual...?" e eu disía que non , dábame a impresión de que o meu interlocutor pensaba de min que eu falara por falar. E a conversa quedaba suspendida.


Así que desidín disir que son de donde realmente me sinto e do sitio do que sei tódalas respostas cando me preghuntan. "¿E eso donde queda?", "No concello de Porto do Son, é o sitio que probablemente conosas como As ghaviotas", "¿E conoses a fulano?", "Sí, fomo xuntos á escuela", ou, "sí, é o meu tío", ou "sí, é o dono dese burro", ou "sí, vaise por aquí, despois torses por alí e xa logho cheghas".



Son de Miñortos, ¿queda claro?


PD: ghrasias a esta entrada acabo de caer na conta de que teño que ir actualisar o DNI, o carné de condusir.... así que se teño alghun lector polisía, que non se inquiete, que en canto poda paso por alí para cambiar a diresión postal.

29 octubre 2007

Para o meu querido anónimo de Miñortos

Querido/a visitante anónimo/a: vai sendo hora de que te identifiques, ¿non cres?. Sobre todo porque case escribes máis ca min no blog de Miñortos (ver comentarios). Dado que tamén es de Miñortos e presentas un punto de vista diferente ó meu, ¿non che parecería enriquecedor para todos quita-la máscara e opinar e dar a coñecer a túa Parroquia con nome e apelidos?. Non sei se son progre ou qué é o que son. O único que me encanta é poder exercer a miña liberdade de expresión publicamente, non dende ningunha sombra escura nin detrás da saia de ninguén. Por certo, Vanesa é a miña irmá. Eu son María.
Se te identificaras como é debido mandaríache un abrazo, un saúdo ou algo así. De momento só che pediría que gardaras o resentimento, que é malo para a túa integridade emocional e, por ende, para a túa saúde física.

PD. O comentario da discordia que me levou a escribir esta entrada podédelo ler na entrada "Por fin, por fin!!" do 23 de maio

28 octubre 2007

Tempo de Silencio


Tiempo de Silencio é unha novela de lectura obligada para os que cursabamos letras cando aínda existía COU. Non me ghustou nada. Paresíame deprimente e, para poder falar hoxe dela, tiven que revisar o google. Os meus mecanismos emosionales de defensa están fasendo unha labor desastrosa na miña memoria. Teño unha fasilidade enorme para olvidar o que me desaghrada!.

O caso é que dende hai uns meses, ese título ven unha e outra ves á miña cabesa. Así que teño pensado volver a lelo.

O google recordoume que é unha novela de posguerra (de aí o caracter deprimente), pero tamén de investighasión. Máis ben dos avatares que os que se adican a este mundo teñen que superar.

Déixovos un pedaso:

"Estos sublimes principios e intenciones informan los Institutos, los Consejos, las doctas Corporaciones, las venerables Casas matrices a tan importantes trabajos dedicados. Gracias a ese conjunto de instituciones (excesivamente complejo para que pueda aquí ser descrito) no hay juventud inquieta ni iniciativa original que no encuentre su puesto en el gran desfile de los constructores del futuro. Como un ejército aguerrido, llevando al brazo no armas destructoras, no bayonetas relampagueantes, sino microscopios, teodolitos, reglas de cálculo y pipetas capilares, las falanges de la ciencia marchan así en grandes pelotones bien organizados. ¡Guay de quien desprecie la menguada apariencia de alguno de estos fabulosos constructores! Bajo un traje arrugado puede ocultarse el afortunado poseedor de un cerebro que -aunque enclenque, voluminoso- emanará pensamientos todavía por nadie sospechados, fórmulas de nuevas partículas elementales, antiuniversos y semielectrones; bajo un rostro de apariencia estólida y frente estrecha puede yacer un capaz archivero incansable devorador de palimpsestos y microfílmenes. Esta multitud estudiosa e investigante dispone de edificios con amplias ventanas, escaleras y pasillos fabricados con auténtico cemento armado. Aunque su dieta sea deficiente v el corte de su traje poco afortunado, aunque oculten en su cartera de cuero negro un bocadillo con el que sustituir la deseada cena caliente, el bedel no les cortará el paso sino que les dejará con respeto encaminarse hacia los locales donde unas veces unas ratas desparejadas, otras veces unos volúmenes en alemán, otras veces una colección incompleta de una revista norteamericana les proporcionarán los útiles necesarios para la puesta en ejecución de sus ideas. Confortados con tan eficaces estímulos ¿qué de extraño tiene que cada día más y más abundantemente nos sorprendan con los altos productos de su genio? ¡Cuántas patentes industriales no surgen en nuestro suelo que apresuradamente adquieren los rapaces industriales extranjeros! ¡Cuántas drogas inéditas y eficaces no vienen cada día a mejorar los medios de lucha de nuestros voluminosos hospitales! ¡Cuántos teóricos desarrollos de las ciencias más abstrusas, la Física, el cálculo de matrices vectoriales, la química de las macroproteínas, la balística astronáutica no son comunicados a las Academias de los países cultos para su estudio y admirada comprobación ¡Cuántos ingeniosos prodigios de las ciencias aplicadas no sorprenden al visitante de cualquiera de nuestras exposiciones de Inventores!. " p. 206-8.
Os que me conosedese e estades ó tanto das miñas aventuras diarias, comprenderedes o significado desta entrada.
Os que pensabades que olvidei que o tema deste blog é falar de Miñortos e que esta entrada nada ten que ver, estades equivocados. Agora comprenderedes a ruta de razonamento que sigheu a miña mente para acordarme hoxe tamén do libro: Pronto vai ser San Martín. Ese é o patrón de Miñortos, o 11 de noviembre. Íavos contar que este ano vaise faser festa (non se fai tódolos anos, porque sempre falta quen a orghanise). Pero o caso é que non estou moi ó tanto do tipo de festa (relixiosa o tipo ruta del bacalao) e a entrada íame quedar moi corta. Como vedes a palabra Martín foi a que me recordou de novo o libro de Luís Martín Santos.
P.D. Non me extraña que ninguén lea o meu blog. É do máis aburrido que lin na vida. Non vos preocupedes. Non vos desculpedes.

20 octubre 2007

Antropoloxía Miñortesa


Hola Miñorteiros, vista a desidia dos demáis blogueiros (que non bloqueiros, que é distinto) á hora de actualisar os seus espasios, dispóñome a non caer na mesma.

Como o tema deste meu bló é Miñortos e as súas xentes, aquí vos deixo unha foto de dúas representantes 100% de simpáticas lugareñas desta parroquia que, ademáis, sírveme para falar destas cousas curiosas que ten ser dun sitio coma esta.

Son Marica e Cris, primas entre elas. Marica é miña prima ó mesmo tempo. Marica e máis eu somos primas doutros 20 miñorteses de pro. E Cris igual. Vedes que, se nos poñemos a unir lazos "primarios" resulta que, ó final, todos os de Miñortos somos da mesma familia. Lieime un pouco, entendedes por onde vou?.

Cando era máis pequena e iba ó catesismo, estando un día na misa, caín na conta que era a esto ó que se refería D. Julio cando nos chamaba "hermanos".

Xa vedes. Ó final non se trata sólo dun problema Borbón.

Biquiños a tod@s