Miñorto's Parish

Miñorto's Parish
ou Parroquia de Miñortos, coma quen dí

23 mayo 2007

Por fin Por fin!!


Nada, que xa vos puxen alghunha foto de Miñortos. Que sepades que pronto vai ter unha urba, construida por Mahia e todo eh?. Que ainda que só viven ahí unhas 400 persoas (por desghrasia eu xa non vivo en Miñortos) Miñortos évos unha potensia comarcal: ten industria (unha fábrica de madeira), ten discoteca (Chilangos, pechada polo momento, creo que por algún lío co Xuíz Garzón do seu propietario, pero xa sabedes cómo son as lenguas nas parroquias pequenas), ten bares, plaia, camping, ighlesia con cruseiro, capilla para as novenas de xullo, a festa das Pardiñas (2ºdomingo de xullo), a festa de San Martín (no outono, non lembro exactamente cando porque é unha festa que nunca tuvo moito éxito), casa da cultura (pechada durante case todo o día porque seica os pequenos fan moito rebumbio, xa vedes), ten de todo. Hasta caracoles p`os turistas, que os comen!!! qué porcos!

20 mayo 2007

A lei da máxima puñeta

Prometínvos unhas fotos de Miñortos que ainda non colghei. Diredes:¿e cómo tes tempo de colghar todas esas?. É a lei de Murfi, creo eu. Pero teño excusa: estou de niñera na casa de Anita (esa mosa de blanco que vedes á dereita), que ten interné e unha morea de fotos no pc que saca Carolo, o seu mozo. Carolo é un artista. Un fotógrafo que traballa na sombra. Téntame pillar tamén as fotos tan boas que saca de calquera cousa. Pero como poden cheghar a valer cartos, paréseme moi arriesghado. Pediréille alghunha para que as vexades (por serto, ten imitadores e todo, Chus está tratando de copiarlle o estilo, jaja).
Bueno, ó que iba. Cando teño interné non teño as fotos de Miñortos á man. E cando teño as fotos non teño interné. Xa vedes. Cólghovolas pronto, prométoo (mmm ainda que estamos en campaña electoral esta promesa cumplirase, dígovolo eu, que non milito en ningún partido).

12 mayo 2007

Psicoanálisis


Miñortos é o lugar de donde digho que son, ainda que, en verdá, o lugar onde máis anos seguidos vivín foi Fonseca (xa non dijo Santiago porque todos tedes que saber que Fonseca, o Colexio Maior, é República Independiente).
Como ainda non tuven tempo de vos colghar as fotos desta terra que moitos chamades "Javiotas, Las Gaviotas, Ornanda, ou, máis recientemente, Punta Batuda" polo da plaia (descarjalas da cámara de fotos, revisalas no pc, abrir o blog... leva moito non creades) coméntovos primeiro esa vista subxectiva que vedes arriba.
É un debuxo de Miñortos según María (eu). Un psicoanalista adiviñaría a correr qué significa Miñortos para min. As proporsións do debuxo dino todo.
Evidentemente non hai perspectiva e hai elementos (a escuela, a casa de Rocío, a taberna, a casa da miña abuela) que, ainda estando lonxe, aparesen máis ghrandes ca os que están mais serca.
É curioso, non sí?
Bueno ló! seghide vos, que moitos sodes máis psicoanalistas ca min e faserédelo millor.