Hola Miñorteiros, vista a desidia dos demáis blogueiros (que non bloqueiros, que é distinto) á hora de actualisar os seus espasios, dispóñome a non caer na mesma.
Como o tema deste meu bló é Miñortos e as súas xentes, aquí vos deixo unha foto de dúas representantes 100% de simpáticas lugareñas desta parroquia que, ademáis, sírveme para falar destas cousas curiosas que ten ser dun sitio coma esta.
Son Marica e Cris, primas entre elas. Marica é miña prima ó mesmo tempo. Marica e máis eu somos primas doutros 20 miñorteses de pro. E Cris igual. Vedes que, se nos poñemos a unir lazos "primarios" resulta que, ó final, todos os de Miñortos somos da mesma familia. Lieime un pouco, entendedes por onde vou?.
Cando era máis pequena e iba ó catesismo, estando un día na misa, caín na conta que era a esto ó que se refería D. Julio cando nos chamaba "hermanos".
Xa vedes. Ó final non se trata sólo dun problema Borbón.
Biquiños a tod@s
2 comentarios:
klo
qe polo menos cando escribas pon maricarmen en vez de xdxdxdxd jejejeje qe nn me paro de rir ....... MARICA
Publicar un comentario